viernes, 27 de febrero de 2009

Reportaxe na Residencia Monte Tegra



O día 12 de febreiro gravouse no noso instituto un programa para a televisión de Galicia que será emitido nas próximas semanas.

Trátase do espazo que se emite ás tres e media da tarde: O BEN FALADO. Nel recóllense particularidades da nosa lingua e difúndense aquelas experiencias que están contribuíndo á dignificación e normalización do galego.

No noso caso consideraron que cumpría estes obxectivos o traballo O TESOURO DOS NOSOS AVÓS. Neste proxecto, que recibiu o premio de innovación en normalización lingüística, participan numerosos alumnos e alumnas de diferentes idades e niveis do IES A Sangriña que realizan traballos de investigación sobre o pasado recente en colaboración con persoas maiores da Residencia Monte Tegra ou da súa propia familia. Os resultados son ata o momento excelentes.
Participaron na gravación d'O Ben Falado alumnos e alumnas do instituto, que contaron a súa propia experiencia. Tamén colaboraron as pandeireteiras SAE A LÚA
e os avós e avoas da Residencia e por suposto o profesorado implicado.