domingo, 22 de marzo de 2009

Interxeracional



"Para min, facer fotos é unha maneira de acariciar a alguén, unha expresión de cariño" Nan Goldin.

Animación de fotos tomadas por Susana Muíños, para o proxecto do "Tesouro dos nosos avós". As fotos retratan un dos encontros na Residencia Monte Tegra, donde alumnos da Sangriña entrevistan ós avós residentes. Nelas apréciase como os rapaces aprenden dos avós nun ambiente cordial e distendido.

martes, 10 de marzo de 2009

O tesouro dos avós no Ben Falado! da RTVG


O pasado venres día 6 de marzo a RTVG retrasmitiu a reportaxe sobre o Tesouro dos nosos avós. Na gravación os rapaces participantes narraron a súa experiencia no proxecto. Resumo en imaxes dunha xornada de convivencia interxeneracional na Residencia Monte Tegra da Guarda.
enlace para ver o vídeo da RTVG

viernes, 27 de febrero de 2009

Reportaxe na Residencia Monte Tegra



O día 12 de febreiro gravouse no noso instituto un programa para a televisión de Galicia que será emitido nas próximas semanas.

Trátase do espazo que se emite ás tres e media da tarde: O BEN FALADO. Nel recóllense particularidades da nosa lingua e difúndense aquelas experiencias que están contribuíndo á dignificación e normalización do galego.

No noso caso consideraron que cumpría estes obxectivos o traballo O TESOURO DOS NOSOS AVÓS. Neste proxecto, que recibiu o premio de innovación en normalización lingüística, participan numerosos alumnos e alumnas de diferentes idades e niveis do IES A Sangriña que realizan traballos de investigación sobre o pasado recente en colaboración con persoas maiores da Residencia Monte Tegra ou da súa propia familia. Os resultados son ata o momento excelentes.
Participaron na gravación d'O Ben Falado alumnos e alumnas do instituto, que contaron a súa propia experiencia. Tamén colaboraron as pandeireteiras SAE A LÚA
e os avós e avoas da Residencia e por suposto o profesorado implicado.

viernes, 30 de mayo de 2008